Primeira Edición das Xornadas Ambientais

Do 19 ao 27 de abril do ano pasado, nas Facultades de Bioloxía, Matemáticas e na ETSE, desenvolvéronse a primeira edición das Xornadas Ambientais dos Comités.

Algo máis dun cento de persoas inscritas participaron nos diversos relatorios sobre diversas temáticas de actualidade divididas en varios bloques: o medio rural como medio da sustentabilidade, o bosque galego, o medio mariño e a vertente socieconómica da sustentabilidade.

De seguido poderás ver o programa da I edición das xornadas


1ªXornada: O medio rural como modelo da    sustentabilidade(Luns 19 de Abril)
Lugar: Facultade de Bioloxía

16:00-16:30 Presentación

16:00-17:30 Galiza, Zona Libre de Transxénicos       
Poñente: Tareixa Paz, parlamentaria do BNG

17:30-19:00 Unha aposta polo medio rural: explotacións rurais sostíbeis e banco de terras
Poñente: Alfredo Suarez Canal, parlamentario do BNG e Ex-Conselleiro de Medio Rural

20:30-21:00 Conclusións
  
2ª Xornada: O bosque galego ((Martes 20 de Abril))
Lugar: Escola Técnica Superior de Enxeñería

16:00-16:30 Presentación

16:30-18:30 O Monte en man común: perspectiva histórica e retos para o futuro
Poñente: Manuel Dacal, Enxeñeiro Agrónomo e membro da FRUGA

18:30-20:30 ENCE-ELNOSA, un referente ambiental?       
Poñente: Carme da Silva, licenciada en Químicas e concelleira en Pontevedra polo BNG.

20:30-21:00 Conclusións

3ª. Xornada: O Medio mariño (Mércores 21 de Abril)


Lugar: Facultade de Bioloxía

16:00-16:30 Presentación

16:30-18:30 A sustentabilidade do sector pesqueiro galego dende a perspectiva económica
Poñente: María do Carmo García Negro, Profesora Titular de Economía Aplicada e directora       do Máster de Economía Pesqueira da USC

 18:30-20:30 O Plano Acuícola e a Derrogación da Lei do Litoral, canta costa nos queda?
Poñente: Bieito Lobeira, Parlamentario do BNG

 20:30-21:00 Conclusións

  4ªXornada: A vertente socioeconómica da sustentabilidade 
(Xoves 22 de Abril)


Lugar: Facultade de Matemáticas

16:00-16:30 Presentación

16:30-18:30 A Lei de economía sostíbel
Poñente: Alba Nogueira López, Profesora Titular Dereito Administrativo

 18:30-20:30 A economía ambiental, máis aló da RSC
Poñente: María do Carmo García Negro, Profesora Titular de Economía Aplicada e directora do Máster de Economía Pesqueira da USC

 20:30-21:00 Conclusións