Viaxe


Esta segunda parte das Xornadas terá unha limitación de 50 prazas que se escollerán por orde de inscrición.

Tanto a comida como a durmida (do mesmo xeito que o trasnporte) será totalmente de balde e estará a cargo da organización.

VENRES 13

14:30 – 19:00; Viaxe en bus de Compostela ao Courel

19:00 – 20:30; Benvida e visita ás instalacións da Estación Científica da USC do Courel

20:30 – 22:00; Relatorio O Courel: exemplo de políticas depredadoras do territorio na Sala de Conferencias a cargo de Javier Guitián (Director da Estación Científica da USC do Courel. Departamento de Botánica da USC) e unha ou un relator de SOS Courel por confirmar

22:00 – 23:00; Cea

23:00; Durmida no Albergue Turístico do Concello de Folgoso do Courel

SÁBADO 14

 10:00 – 13:00; Roteiro polo Courel. Rota Uxio Novoneyra con Lois Dieguez (poeta)

 13:00 - 14:30; Relatorio A biodiversidade na Galiza con Froilán Pallín, (Secretario Xeral da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza)

14:30 – 15:30; Xantar

15:30 – 16:00; Clausura das II Xornadas Ambientais