Programa

PRIMEIRO BLOQUE:
ACTUALIDADE AMBIENTAL NA GALIZA
 MÉRCORES 11
                      
11:30–12:00; Acreditacións, entrega de documentación e inauguración das II Xornadas Ambientais dos Comités. Escola Técnica Superior de Enxeñaría

12:00 – 14:00; Relatorio A enerxía eólica, perspectivas de futuro e posibilidades a cargo de Fernando Blanco (Deputado do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento. Conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galiza do 2005 ao 2009) no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría.

17:00 – 18:30; Relatorio A reciclaxe de fármacos e o medio con Xosé Maria Torres, vocal de Farmamundi no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría.

18:30 – 20:00; Debate baixo o título A enerxía nuclear a debate. Con Alfredo Lopéz Fernandéz  e os principais partidos do parlamento galego. No Salón de Actos da Escola Técnica Superior de  Enxeñaría.

XOVES 12 

12:00 – 14:00 Relatorio:  Ecofeminismo: mulleres e natureza a cargo de Carme Adan (Deputado do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento) no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría.

16:00 – 17:30; Relatorio: baixo o título A emisión de C02 nos solos galegos e o cambio climático con Daniel López Bispo (Xunta Directiva da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) e Francisco Díaz Fierros (Catedrático de Edafoloxía da USC e autor de “A Cuestión Ambiental en Galicia”) no Salón de Graos da Facultade de Bioloxía


17:30 – 19:00; Relatorio baixo o título A valorización do monte con Manuel Da Cal (Membro da Directiva da Federación Rural Galega) e Alfredo Suárez Canal (Deputado do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento. Conselleiro de Medio Rural do 2005 ao 2009) no Salón de Graos da Facultade de Bioloxía



19:00 – 20:30; Relatorio Cooperativismo agrario para unha saída xusta da crise. Atrancos económicos, políticos e sociais no medio rural de Xurxo Álvarez (Presidente da Federación Rural Galega) na Facultade de Bioloxía



SEGUNDO BLOQUE:
VIAXE AO COUREL
VENRES 13

14:30 – 19:00; Viaxe en bus de Compostela ao Courel

19:00 – 20:30; Benvida e visita ás instalacións da Estación Científica da USC do Courel

20:30 – 22:00; Relatorio O Courel: exemplo de políticas depredadoras do territorio na Sala de Conferencias a cargo de Javier Guitián (Director da Estación Científica da USC do Courel. Departamento de Botánica da USC) e unha ou un relator de SOS Courel por confirmar

22:00 – 23:00; Cea

23:00; Durmida no Albergue Turístico do Concello de Folgoso do Courel

SÁBADO 14

 10:00 – 13:00; Roteiro polo Courel. Rota Uxio Novoneyra con Lois Dieguez (poeta)

 13:00 - 14:30; Relatorio A biodiversidade na Galiza con Froilán Pallín, (Secretario Xeral da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza)

14:30 – 15:30; Xantar

15:30 – 16:00; Clausura das II Xornadas Ambientais